O Dépor instala beacons para enviar info e promos aos móbiles nas súas instalacións

O Dépor vén de anunciar o despregamento en probas dunha rede de beacons nas súas instalacións, tanto no Estadio como nas Deportendas de Riazor e Marineda, que empregarán para enviar información e promocións aos móbiles das usuarias atendendo á súa ubicación concreta.

Os beacons son uns pequenos dispositivos que emiten sinais Bluetooth cun alcance máximo de 50 metros, que poden ser empregados para a localización en espazos pechados. Tendo instalada unha aplicación rastreadora no smartphone que entenda que ese sinal é para ela, poderase xerar un enlace entre o beacon e o teléfono para enviar información a este último.

Tanto socios como afeccionados do Dépor verán mellorada a súa experiencia ás instalacións do clube branquiazul, podendo recibir información concreta sobre o equipo e promocións especiais, tanto do propio Dépor como dos patrocinadores.

Os 92 beacons que compoñen esta rede xa están dispoñíbeis para que funcionen durante #onosoderbi desta noite. Para poder  disfrutar do que o ofrecen é preciso instalar a app de Getbcon desde esta páxina web www.getbcon.com e lembrarse de manter activo o Bluetooth á hora de moverse por Riazor ou as Deportendas.

Sobre o autor

Reply