Mininovas Android: a malla da semana

O coche autónomo de Google poderase usar en España

coche autonomo google

Para probar este tipo de coche polas nosas estradas, precisábase unha serie de modificacións legais que se produciron esta semana. A DXT vén de publicar unha listaxe de requisitos a cumprir á hora de solicitar facer probas en estrada con este tipo de vehículos.

Ademáis do coche fabricado por Google, poderá solicitar estas pobras calquera fabricante destacando os centros técnicos de Seat e Nissan, presentes no país.

Eroski xa permite reducir a velocidade ao rematar o bono de datos

eroski mobil

Unha das principais eivas dos OMV´s é que moitos deles cando rematamos o bono mensual que temos contratado, non se nos reduce a velocidade e cóbrasenos polo exceso de datos consumidos. Esta semana, Eroski anunciaba que deixaría de aplicar esta política e deixará de cobrar o exceso de datos consumido e a cambio reducirá a velocidade cando se produza esta situación.

Iso si, polo de agora a solicitude da reducción de velocidade terá que solicitarse por teléfono (chamando ao 1200) ou na propia app da compañía.

Samsung xa avisa do s-pen gate

note 5-pen warning

Cando saiu o Note 5 tivemos numerosos reportes de usuarias que se atopaban cun problema serio cando se trabucaban e tentaban meter o s pen ao reves. Nestas ocasións pódeche chegar a danar tanto o terminal coma o propio s pen. Pois ben, Samsung non se facía responsábel deste mal uso (e que a nós parécenos normal).

Aínda así, nese plástico cheo de info que atopamos na pantalla dun terminal recén sacado da caixa, lémbranos do perigo de introducir o s pen para non danar os dispositivos, tal e como vemos na captura.

Huawei vai por Apple

huawei-compra-nokia-1

As cifras de ventas do xigante chinés case dan medo e debido a elas está ameazando o segundo posto de Apple. No terceiro trimestre do ano venderon un 71,6% máis en relación ao mesmo periodo do ano anterior.

É certo que o segundo posto en posesión de Apple aínda lle queda lonxe, pois Huawei ten o 7,7% de cota global no mercado de smartphones, mentres que Apple ten o 13,1%, pero o crecemento de Huawei é espectacular trimestre a trimestre, e por iso os de Cupertino teñen que andar con ollo.

Instagram bloquea app de terceiros

instagram

Co cambio que se ven de producir esta semana, desde o 3 de decembro Instragram non vai permitir que as aplicacións de terceiros teñan acceso ao time line. Con este movemento a empresa pretende dirixir ás súas usuarias a empregar a app oficial para visualizar as fotos que subimos ou que comparten as nosas amizades. Polo de agora non se están afectadas as apps de terceiros que se empregan para subir fotos a Instagram. Veremos que pasa no futuro.

Surface Pro 4 xa á venta no noso páis

microsoft surface 4 pro

Foi aló polo mes de outubro cando as rapazas de Microsoft presentou a evoución da Surface Pro e nesta ligazón podedes lembrar de xeito rápido as súas características. Pois desde esta semana se estades interesados en mercar unha unidade, xa o podedes facer na web de Microsoft, desde 999€ para a súa configuración máis básica.

Deixa un Comentario