Wazypark, a app coa que buscar onde aparcar na túa cidade

Wazypark é unha app que facilita moito atopar onde deixar o coche para non dar unha e mil voltas pola rúa. A comunidade de usuarias desta app poden consultar no mapa da app se hai un sitio libre e o tempo que leva baleiro. Como é normal, canto máis tempo baleiro, máis posibilidades hai de que ese sitio xa non esté libre.

wazypark 04

Ademáis, Wazypark desenvolveu un sistema que avisa automáticamente ás novas usuarias cando unha alguén deixa libre unha praza. Non é preciso acceder ao móbil para indicar que marchamos.

O uso desta aplicación é moi sinxelo e para fomentar a súa expación entre as potenciais usuarias, dentro da app hai unha opción na que canto máis uso lle demos a Wazypark, máis puntos iremos recadando para canxear por descontos, pois teñen acordos pechados con Repsol, Jazztel e Just Eat entre outros.

wazypark 02

wazypark 03

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queredes probar Wazypark, podedes premer nesta ligazón e baixar a app de balde desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply