Hama lanza cargadores rápidos con tecnoloxía Qualcomm

O fabricante de accesorios Hama vén de annciar o lanzamento de dous novos cargadores universais con tecnoloxía de Qualcomm, un dos maiores fabricantes de procesadores do mundo. Ambos os dous, tanto o modelo de 12 V como o de 230 V, permiten cargar os dispositivos compatíbeis coa carga USB de gran velocidade grazas á tecnoloxía Quick Charge 2.0 de Qualcomm, que carga o 75% da batería dos terminais en tan só 30 minutos.

Ambos os dous teñen un deseño ultralixeiro e compacto. Ademais dispoñen dun indicador LED que permite coñecer o estado da batería e protección contra sobrecarga, sobrevoltaxe e curtocircuíto.

O cargador de 12V funciona a 2A e está pensado para ser empregado en vehículos, mentres que o de 230V ten un voltaxe de 100240V, olo que é compatíbel coa corrente de calquera país (só teremos que ter o adaptador de enchufe, se é necesario).

Estes novos cargadores xa están dispoñíbeis por 29,99 € (modelo vehículo de 12V) e 34,99 € (modelo 230V).

Deixa un Comentario