Ocean’s tamén ofrecerá TV a partir do ano que vén

A operadora galega Ocean’s, que recentemente incluíu 4G ao seu servizo de móbil, vén de anunciar que o 2016 traerá importantes novidades, entre elas a inclusión da televisión.

O servizo de televisión sumarase aos que xa ofrece Ocean’s na actualidade (telefonía fixa, Internet e móbil). Todos eles comercializaranse baixo un mesmo produto e unha única factura como cuádruple play.

Adiantan que as usuarias poderán elixir non só que ver, senón tamén cando e como velo, xa que o vídeo baixo demanda estará dispoñíbel tamén a través de dispositivos móbiles. Incluirá filmes, documentais e tamén series, entre outros.

Está previsto que durante o primeiro trimestre de 2016 comecen as probas de calidade de servizo, unhas probas abertas ás usuarias que desexen ser as primeiras en probar o servizo como betatesters.

Deixa un Comentario