Novo Xiaomi Redmi Note 3, con acabado metálico e lector de pegadas dixitais

Malia estármonos preto de rematar o ano, en canto a presentacións se refire, seguen a aparecer novos modelos de terminais cos que os fabricantes queren queimar os seus foguetes. É o caso de Xiaomi, que vén de lanzar o Redmi Note 3, ou o que é o mesmo, a terceira xeración dun dos seus buques insignia.

O novo trebello destaca por engadir acabados metálicos, un material que está a converterse, xunto co cristal, nunha mostra de “acabado premium“, sensación que interesa conseguir a todos os fabricantes nos seus produtos.

redmi note 3 - 3

Pasando a falar das súas especificacións, o Xiaomi Redmi Note 3 incorpora unha pantalla FullHD de 5,5 polgadas e no seu interior integra o procesador MediaTek Helio X10, 2 / 3 GB de memoria RAM, 16 / 32 GB de memoria interna, cámara principal de 13 megapíxeles con odbre flash, cámara principal de 5 megapíxeles, lector de pegadas dixitais e batería de 4000 mAh.

Vén, como a práctica totalidade dos trebellos chineses, con espazo para dúas tarxetas SIM e capacidade para soportar as redes 4G. Como sistema operativo emprega MIUI 7, baseado en Android 5.1 – Lollipop.

redmi note 3 - 2

Está dispoñíbel en tres cores (prata, gris escuro e dourado) por uns 130 euros (versión 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna) ou uns 160 € (versión de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna). Desde logo, uns prezos moi axustados para estas prestacións técnicas.

Sobre o autor

No Responses

Reply