Woxter pon á venda os lentes de realidade aumentada NEO VR1

Woxter vén de anunciar os seus lentes de realidade aumentada, os Woxter NEO VR1, un accesorio que permite ás usuarias disfrutar da experiencia de realidade aumentada grazas aos seus teléfonos.

O trebello integra a posibilidade de axustar a distancia focal, o que evita termos imaxes dobres, e conta con alta transparencia, xa que se trata dun produto magnificado para visualizar imaxes estereoscópicas SBS, as cales protexerán os ollos ás usuarias.

woxter neo - 1

Os Woxter NEO VR1 son compatíbeis coa meirande parte dos telefonos do mercado entre as 4 e as 6 polgadas que dispoñan de xiroscopio. Inclúen botón de control de volume, disparo, paso de escena ou pausa, para evitar ter que tocar o smartphone en ningún momento.

Están fabricados en plástico resistente a impactos e temperaturas extremas, dispondo de rendixas que axudan a manter o teléfono a baixas temperaturas. Na zona ocular, temos esponxa con retroceso elástico recuberta de pel, para reducir a presión na cara e adaptarse á xente que empregue lentes graduados.

Estan dispoñíbeis en branco ou negro por 22,90 €.

Sobre o autor

Reply