Huawei anuncia o Mate 8

Huawei vén de anunciar o lanzamento do seu novo trebello, o Huawei Mate 8, a nova versión do seu trebello referencial para as usuarias que buscan teléfonos de pantallas grandes, aínda que non chegará a tempo para a campaña de Nadal.

huawei mate 8 -1

O dispositivo vén cunha pantalla de 6 polgadas con resolución FullHD (1080 x 1920 píxeles), e no seu interior vén equipado cun procesador de fabricación propia, o Kirin 950, de 8 núcleos a 2 GHz. Incorpora 3 / 4 GB de memoria RAM, 32 / 64 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámara principal de 16 megapíxeles Sony IMX298 con apertura f/2.0 e cámara dianteira de 8 megapíxeles Sony IMX179 con apertura f/2.4.

A súa batería é de 4000 mAh, é compatíbel coas redes 4G e na parte traseira incorpora un sensor de pegadas dixitais. En canto a sistema operativo, vén con Android 6.0 Marshmallow con Emotion UI 4.0.

huawei mate 8 -2

Virá en catro cores (negro, prata, dourado e cobre) e se porá á venda durante o primeiro trimestre do 2016 no mercado chinés, como paso previo á súa comercialización mundial.

Sobre o autor

No Responses

Reply