WhatsApp actualízase con importantes novidades

WhatsApp vén de recibir unha importante actualización que xa está dispoñíbel na Play Store, e que inclúe como novidades varias funcionalidades que foron aparecendo en diversas versións betas da app que se publicaron nas últimas semanas.

Entre eles están as mensaxes destacadas e a previsualización das ligazóns. A primeira delas permite marcar como favoritas as mensaxes que conisderemos, de tal maneira que se queremos consultalas máis adiante poidamos facelo sen ter que perdernos nun scroll infinito de mensaxes. Por outro lado, a previsualización de ligazóns é unha funcionalidade que nos permite, como ben di o nome, ter unha breve descrición do que imos compartir.

Así mesmo, a actualización tamén inclúe Direct Share, un xeito máis rápido de compartir cousas, malia que se trata dunha funcionalidade que só está dispoñíbel para as usuarias de trebellos que teñan Android 6.0 – Marshmallow, a estas alturas unicamente os novos Nexus.

A actualización irá chegando pouco a pouco a todos os nosos Android.

One Response

  1. Señor Paquito 26 Novembro, 2015 Responder

Deixa un Comentario