Instagram xa permite empregar varias contas desde a mesma app

As persoas que xestionan varias contas de Instagram tiñan, até o de agora, que recorrer a solucións desenvoltas por terceiros para poder ter ambas no smartphone, como Instwogram, unha das máis extendidas.

Segundo informa Android Police, coa versión 7.12.0, aínda en probas, chega por fin esta funcionalidade, unha das máis demandadas polas usuarias. Con todo, semella que malia instalala non lle aparece a todo o mundo, mais par os que si, atópase ao final da listaxe de opcións.

Se non vos chega a nova versión a través da Play Store, podedes descargala desde a APK Mirror.

Sobre o autor

No Responses

Reply