HTC Preview: proba os produtos de HTC antes de que saian á venda

Sen facer moito ruído HTC vén de lanzar o programa HTC Preview, a través do cal unha selección de usuarias poderán probar diferentes produtos da compañía antes do seu lanzamento comercial.

A idea da compañía, que a día de hoxe fica lonxe de estar pasando polo seu mellor momento, é que esta  iniciativa sirva para recibir feedback que como funciona tanto o seu software como os novos smartphones, tablets ou calquera outro trebello que poida crear a compañía.

Aquelas persoas que desexen candidatarse só teñen que pasar pola páxina de HTC Preview e cubrir unha serie de datos. Obviamente, deberán someterse a un acordo de confidencialidade para evitar as filtracións.

Deixa un Comentario