Podemos mercar o OnePlus X e o OnePlus 2 sen convite até o luns

Aquelas persoas que anden detrás dun convite para mercar algún dos novos teléfonos de OnePlus (o OnePlus X ou o OnePlus 2) están de parabéns, porque co gallo do Black Friday a compañía vén de eliminar a necesidade de ter un convite para poder mercalos. Será entre hoxe e o luns, data na que se celebra o CyberMonday.

O One Plus 2 incorpora unha pantalla FullHD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 810, 3 / 4 GB de RAM, 64 GB de memoria interna, cámara principal de 13 megapíxeles, sensor de pegadas dixitais e USB Tipo C.

Pola súa banda, o OnePlus X é un trebello de gama media con pantalla FullHD de 5 polgadas, procesador SnapDragon 801 a 2,3 GHz, 3 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e cámaras de 16 e 8 megapíxeles.

Pódense mercar directamente nas seguintes ligazóns: OnePlus 2OnePlus X.

Sobre o autor

No Responses

Reply