.Tuenti dobra a súa tarifa de 7 euros durante 6 meses

Din en .Tuenti que a súa oferta vai máis aló do Black Friday, e niso levan razón. Hoxe lanzan unha promoción exclusiva para novos clientes pola que ofrecen, coa súa tarifa de 7 euros/mes, o dobre de todo o que inclúe dita tarifa durante 6 meses.

Deste modo, as persoas que desde hoxe fagan unha portabilidade a .Tuenti terán 2 GB de datos, 100 minutos en chamadas por VozDigital e 200 SMS durante 6 meses a razón de 7 euros/mes.

Esta oferta non está suxeita a permanencias, e aplicarase a todas as persoas que contraten entre hoxe e o 10 de xaneiro, tanto en prepago como en contrato. Pódese solicitar a portabilidade desde a rede de tendas físicas de Movistar ou a través da web.

Sobre o autor

No Responses

Reply