Yoigo recupera “La Sinfín”, con 20 GB e chamadas ilimitadas por 29 €

Coincidindo co Mobile World Congress Yoigo anunciou a primeira tarifa con datos practicamente ilimitados, cando menos en comparación coas ofertas que ofrecían (e seguen a ofrecer) o resto de operadores. Falamos da tarifa La Sinfín, unha tarifa promocional  que por 29 € ao mes inclúe chamadas ilimitadas e 20 GB de navegación a máxima velocidade (logo reduce a 128 kbps).

image002

Como diciamos era unha tarifa contratábel durante un tempo promocional, que se foi prorrogando até ser sustituída por outra co mesmo prezo pero con 8 GB, en lugar dos 20 GB. Mais agora, outra vez por período limitado de tempo, Yoigo permite contratar La Sinfín con 20 GB entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro.

O mellor de todo é que as persoas que contraten esta tarifa agora poderán disfrutar dela “para sempre”, polo que se sodes desas persoas devoradatos tedes unha oportunidade única para mudar de operador. Hai que ter en conta que a parte de “ilimitada” do uso de voz ten unha política de uso razoábel, que impide que sexan máis de 300 os destinos diferentes aos que se poden chamar, en calquera caso, moi por riba do uso habitual.

Deixa un Comentario