Mininovas Android: a malla da semana

Google pode anular o desbloqueo de terminais de xeito remoto

seguridade android

Se non temos un terminal Android coas últimas versións do sistema operativo, Lollipop e Marshmallow coas ferramentas de Google, podénse saltar os bloqueos dos nosos terminais. O que ocorre é que en versións anteriores non se tiña activado o cifrado por defecto (comezou con Lollipop) polo que Google ante un requiremento das autoridades, pode saltarse o bloqueo das nosas pantallas de xeito doado, dándolles total acceso, pois no caso dos EE.UU, por lei, Google está obrigado a colaborar coa xustiza.

Se posuímos un terminal con Lollipop ou Marshmallow, as autoridades non o terán tan doado pola novidade do cifrado antes mencionado. O debate seguridade vs privacidade sabemos xa que será moi longo.

Android Studio actualízase con importantes melloras

android studio

Android Studio chega á súa versión 2.0 con interesantes novidades entre a que destacamos Instant Run, pola que agora podemos revisar os cambios no código a través dun emulador, podendo editalo e ver o resultado de xeito moito máis rápido. Temén se mellora o proceso de escritura do código polo que actualizalo pode ser até 50 máis rápido.

Sen dúbida unha boa actualización que axuda moito aos desenvolvedores no seu día a día.

O 4G de Movistar tamén en prepago

movistar 4g

Esta semana anunciouse que o 4G tamén o ían desfrutar os clientes de prepago da compañía, coma xa facía a competencia. Será a partires do mes de decembro, cando cheguen as novas tarifas Vive Prepago:

  • Vive 7, que por 7€ ao mes, temos: chamadas a 3 cts/min (e 20 cts de establecemento), SMSs a 18 cts e 600 MB con velocidade 4G.
  • Vive 13, que por 13€ ao mes, temos: chamadas a 0 cts/min (e 20 cts de establecemento), SMSs a 18 cnts e 1 GB con velocidade 4G.

Ámbalas dúas tarifas sen permanencia.

Google lanza un servizo de comparacións de hipotecas

google mortgages (2)

A estas alturas sabemos que Google non ten problema en lanzar proxectos de calquera tipo. Desta volta é un servizo chamado Google Mortgages que pode ser empregado por aquelas interesadas en querer hipotecarse. O servizo conta cunha base de datos de até 300 hipotecas de 75 prestamistas diferentes para que sexa máis doado atopar a mellor opción de financiación.

Polo de agora só está dispoñíbel en California, e non sabemos se é un experimento que se ten boa acollida pode espallarase por máis lugares ou pola contra unha proba que non pasará de aí.

Varios problemas arredor do Nexus 6P

nexus 6P 01

Ao pouco de sair, o novo flagship de Google reportábase que se dobraba. Iso si, aplicando moita forza, polo tanto, para nós non é un problema real, pois non é un terminal de traballo. Logo o cristal posterior parecía que senon andabamos con xeito escachaba con facilidade e mesmo apareceron reportes de roturas espontáneas, sen recibir golpe algún. Desta volta aparecen reportes de moitas usuarias con problemas co micrófono durante as chamadas.

Para este último punto parece que Google está a preparar unha actualización pois pode ser un problema de software relacionado coa cancelación de son.

Telegram actualízase permitindo supergrupos

telegram

Esta semana actualizouse a app de mensaxería, Telegram. Unha das melloras máis destacábeis, foi a posibilidade de crear supergrupos. E pensaredes, a que lle chaman supergrupo? Pos neles poden participar até 1000 membros. Tamén pode haber varios administradores do grupo, con poder para editar nome e logo do grupo e eliminar ou engadir membros.

Google recibe até 2 millóns de peticións diarias sobre retirada de contido pirata

logo google 2015

Facendo números saen ao redor de 1400 peticións por minuto. Para os propietarios de dereitos de autor a piratería é un problema importante e para mostra as cifras que menexa Google. Ademáis e o dobre repecto ao ano anterior.

Con isto, non estamos dicindo que todos as peticións teñan fundamento, so indican o maior interese e lexislación favorábel que hai agora ao redor dos dereitos de autor a fai uns anos.

Descúbrense vulnerabilidades nas equipas DELL

dell logo

Dell instala un certificado na raíz que da a posibilidade de facer potenciales ataques nas nosas equipas. Ao día seguinte do descubremento, a empresa comunicou que non era un arquivo malicioso se non un certificado que permitiría facer máis rápido e eficiente o soporte online que ofrece DELL. Por se non fora dabondo, outro novo certificado foi descuberto que automatiza tarefas de soporte e permite a descarga dunha ferramenta dende a web de soporte da empresa. O problema destes casos, son as portas traseiras que están abertas sen o noso coñecemento e que poden ser empregadas polos malos para vulverar a nosa privacidade.

O primeiro dos certificados xa o podemos desinstalar, pois DELL facilitou unha guía para o proceso e ademáis a empresa comunicou que este cerficado non se emprega para recoller información persoal e non se autoinstalará cando o eliminimos seguindo o proceso facilitado por DELL.

Sobre estas vulnerabilidades, DELL fixo este comunicado no que comentan o acontecido, asumindo o erro e tentando amañar unha situación moi compremetida para eles. Pensades que o conseguiron?

Sobre o autor

Reply