LG Zero, con acabados metálicos e 199 €

LG vén de estrear novo terminal de entrada, o LG Zero, un dispositivo de acabados metálicos e un coidado deseño con apenas 7,4 mm de grosor e 147 gramos de peso, que xa está á venda no noso país por 199 €.

O trebello incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución HD, e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 410, acompañado de 1,5 GB de memoria RAM, 16 GB  de memoria interna e cámaras de 13 e 8 megapíxeles.

lg zero - 2

A batería é de 2050 mAh e emprega Android 5.1 Lollipop, sen novas sobre a súa posíbel actualización a Marshmallow. Ademais vén coa capa de software propia de LG, incluíndo controis por xestos e o knock code.

Pódese mercar en cor ouro ou prata unicamente a través da tenda en liña de LG por 199 €.

Sobre o autor

Reply