Santiago xa ten acceso á rede de fibra de Movistar

Movistar vén de anunciar novidades no despregamento de fibra óptica até o fogar (FTTH) na cidade de Compostela, e antes de que acabe o ano poderán conectarse á súa rede unhas 57.000 vivendas, o que supón arredor do 80% da poboación (uns 76.000 cidadáns).

A nova rede FTTH de Movistar abre as portas ao acceso ás redes de 300 megas, que garanten unha mellor experiencia de navegación, mais tamén para o consumo de contidos en alta definición ou xogabilidade en liña.

Coas novas vivendas que agora teñen acceso ao FTTH de Movistar en Santiago xa son 433.000 as vivendas e zonas industriais das principais cidades de Galiza que teñen acceso á rede de fibra óptica até o fogar, que antes de final de ano serán 504.000, segundo as previsións que manexa a compañía.

Na mesma liña de dar acceso a redes de máxima velocidade, Movistar anunciou que o 76% das rúas e barrios de Santiago xa teñen cobertura de 4G (aproximadamente o 86% da poboación), con velocidades de até 100 megas.

Sobre o autor

Reply