Chrome deixará de soportar as distribucións GNU/Linux de 32 bits en marzo

Google anunciou hai unhas semanas que deixará de dar soporte ás versións de Chrome para Windows XP, Windows Vista e OSX 10.6. Pois ben, non serán as únicas, xa que a partir de marzo tampouco o darán para as distribucións GNU/Linux de 32 bits.

Entre outras, isto afecta ás usuarias de Ubuntu 12.04 LTS e Debian 7, polo que a compañía recomenda actualizar a Ubuntu 14.04 e Debian 8. Quen prefira non facelo poderá seguir usando Chrome, pero xa non terá actualizacións de seguridade nin soporte. Ou pasarse a Mozilla, claro 😉

Este movemento de Google vai na liña de ir soterrando as arquitecturas de 32 bits a favor da de 64, xa que cada vez son máis os computadores que a empregan.

Sobre o autor

Reply