Snapchap e Bill Gates xuntos contra a SIDA

Durante o día de hoxe, e conmemorando o Día Mundia contra a SIDA, a xente de Snapchat e coa axuda de Bill Gates lanzan unha campaña para recadar fondos que axuden a loitar contra esta enfermidade. Ademáis nos EUA este tipo de iniciativas sempre teñen o apoio de persoas recoñecidas.

A iniciativa consiste en que por cada selfie que as usuarias de Snapchat que compartan con algúns dos tres filtros deseñados para a ocasión, Bill Gates doará 3$ até un máximo de 3 millóns de dólares, que irán destinados á organización RED fundada por Bono, de U2, que non ten ánimo de lucro. Se vos parecem poucos estes 3$ por selfie, é preciso dicir que esta cantidade da para 10 días de tratamento médico á enfermos en África.

A campaña e os filtros especiais só estarán activas durante 24h para darlle máis visibilidade á unha enfermidade que está lonxe de desaparecer.

Sobre o autor

Reply