LG anuncia o LG Slimbook, un portátil ultralixeiro

LG vén de anunciar o lanzamento do LG Slimbook, un portátil con deseño minimalista e reducido peso: só 980 gramos. Tamén destaca por ser especialmente delgado, con 13,4 mm de grosor, o que multiplica enormemente as súas posibilidades de tarnsporte.

O trebello está pensado para aumentar a nosa produtividade, polo que dispón de sistema de acendido ultrarrápido, co que o teremos operativo en apenas 7 segundos. A batería axuda tamén a esta produtividade, achegando 8 horas de autonomía, que nos permiten afrontar longas xornadas de traballo sen ter que depender dun enchufe.

LG Slimbook_14Z950 (1)

Falando xa das súas especificacións técnicas, o LG Slimbook incorpora unha pantalla de 14 polgadas con resolución Full HD e un ángulo de visión de 178 graos. No seu interior integra un procesador Intel Core i5-500U (2,20 GHz), tarxeta gráfica integrada CPU i5, 4 GB de memoria RAM e 256 GB de memoria interna.

LG Slimbook_14Z950 (4)

Ten ademais unha webcam HD de 1,3 megapíxeles con indicador LED, sistema de audio DTS Sound e dous altofalantes de 1.0 W. En canto a conectividade integra Bluetooth 4.0 +LE, WiFi, e LAN 10/100 Megabit.

O LG Slimbook xa está á venda por 1199 € e vén con Windows 10 de fábrica.

Deixa un Comentario