Vodafone e HTC anuncian o lanzamento do HTC One A9

Vodafone e HTC veñen de anunciar a posta á venda do HTC One A9, un dos últimos trebellos do fabricante taiwanés, que destaca por combinar deseño e rendemento, así como por vir con Android 6.0 Marshmallow, a última versión de Android.

Os puntos máis fortes do dispositivo son a súa pantalla AMOLED Full HD de 5 polgadas, con protección Gorilla Glass, e a súa parte multimedia. Neste eido temos unha cámara principal de 13 megapíxeles con estabilizador óptico, mentres que no caso da cámara frontal atopámonos cun sensor de ultrapíxeles que aseguran saca unhas selfies captando un 300% máis de luz ca unha cámara tradicional.

HTC One A9

No que ten a ver co son, combina a tecnoloxía Dolby Audio surround para un son envolvente con audio en alta resolución. Ademais ten un DAC e son a 24 bits con calidade de 192 KHz, así como o perfil HTC BoomSound.

En canto a prezos, está dispoñíbel en portabilidade para particulares e autónomos con plan Red L por 0 € e 17 €/mes durante 18 meses. Red L (44 €/mes inclúe 6 GB de datos e chamadas e sms ilimitados, para consumir tanto en local como en roaming na UE e EEUU.

Tamén se pode adquirir por 17 €/mes para portabilidade con Vodafone One M 120Mb, que inclúe 120 Mbps de fibra con teléfono fixo, móbil con 3 GB, chamadas e sms ilimitados en local e roaming e 3 meses de Vodafone TV Esencial por 67 €/mes.

Deixa un Comentario