Huawei Enjoy 5S, o novo terminal da compañía chinesa

Malia estarmos case a piques de acabar o ano, os fabricantes seguen anunciando novos dispositivos, e nesta liña Huawei vén de dar a coñecer un novo trebello de gama media, o Huawei Enjoy 5S, con acabados metálicos e lector de pegadas dixitais na parte traseira, unha funcionalidade que o ano que vén, coa chegada das múltiples plataformas de pago móbil, será case imprescindíbel.

huawei enjoy 5s -1

O trebello integra unha pantalla de 5 polgadas con resolución HD. No seu interior temos un procesador MediaTek MT6753T, de 8 núcleos a 1,5 GHz e arquitectura de 64 bits. Dispón de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

A cámara principal é de 13 megapíxeles e a frontal de 5. A súa batería ten unha capacidade de 2200 mAh e vén con Android 5.1 – Lollipop, iso si, personalizado coa capa EMUI, habitual na marca chinesa.

huawei enjoy 5s -2

Polo de agora non está confirmada a súa posta á venda no noso país, mais na China custa uns 160 euros ao cambio, un prezo bastante razonable para as especificacións que manexa. Que vos parece?

Deixa un Comentario