“Segue a Papá Noel” vén de renovarse para o Nadal

Como quen non quere a cousa xa pasou outro ano e o Nadal está chamando á porta. Por iso, hoxe queremos falarvos da nova versión da app de Google, Segue a Papá Noel.

Para as despistadas, lembrade que esta app permite entreter ás máis cativas da casa vendo os vídeos dispoñibéis, pasando o tempo sen escola cos xogos da app ou facendo un seguemento de Papá Noel, e controlar así por onde vai até que chega a noite do 24 de decembro.

papa noel 3.0 01

Entre as novidades que atopamos desde a versión do ano pasado, destacamos un novo xogo compatíbel coas Cardboards e novas pantallas adaptadas aos reloxos Android Wear e ademáis até o nadal iranse libarando novos vídeos que nos contarán un pouco máis do día a día de Papá Noel.

Se estades interesados nesta app, podedes descargala desde esta ligazón á Play Store.

Deixa un Comentario