.Tuenti regala 1 GB de datos extra a todos os clientes polo Nadal

Hai uns días fixémonos eco de que .Tuenti agasallaba ás novas clientes co “dobre de todo” na súa tarifa de 7 euros durante 6 meses, mais agora vén de habilitar unha promoción para as xa clientas.

A low cost de Telefónica agasallará con 500 MB durante o mes de decembro e outros 500 MB no me de xaneiro ás usuarias de contrato, en total 1 GB extra de datos que poderán empregar para o que queiran.

A promoción actívase automaticamente, sin que haxa que facer nada. Accedendo ao panel de cliente xa se poderán ver os 500 primeiros megas extra, e o mesmo no mes de xaneiro.

Sobre o autor

Reply