O OnePlus 2 xa se poden mercar sen convite

Hai uns días, co gallo do Black Friday, OnePlus habilitou durante uns días a compra dos seus novos trebellos, o OnePlus X e o OnePlus 2, sen necesidade de dispór de convite. Como comentamos na malla da semana pasada, esta promoción temporal vén de facerse definitiva no caso do OnePlus 2, polo que xa nos poderemos facer co dispositivo sen ter que agardar a recibir un convite.

O trebello destaca por integrar unha pantalla FullHD de 5,5 polgadas, e levar no seu interior un procesador Qualcomm Snapdragon 810, acompañado de 3 /4 GB de memoria RAM, 16 / 64 GB de memoria interna. A cámara principal é de 13 megapíxeles, e a frontal de 5 con sistema antidistorsión. Tamén integra sensor de pegadas dixitais e USB Type-C.

Pódese mercar por 399 €, na súa versión de 64 GB de memoria interna e 4 GB de RAM, pois a versión de 3 / 16 GB está fóra de stock.

Sobre o autor

Reply