SocialDrive, unha app colaborativa sobre as incidencias na estrada

SocialDrive é una app que nos amosa información que pode ser do noso interese á hora de anticipar diferentes situacións que nos atopamos pola vía que imos percorrer.

Nesta aplicación atoparemos se hai radares, hai accidentes que podan causar retencións… ou se pode estar o helicóptero da DXT pola zona. Toda esta información está facilitada polas propias usuarias e verificada polos responsábeis da aplicación. Mesmo contamos cun botón de anulación se cando pasamos nós xa non hai accidentes ou radares móviles dos que avisar.

social drive 02

social drive 01

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se nós precisamos crear un aviso dalgún tipo, pódemo facer dun xeito moi sinxelo.

social drive 03

Tal e como vemos na captura, so temos que premer sobre a icona que máis se asemelle á situación que a continuación pasaremos a describir dun xeito resumido. Ademáis tamén o podemos situar no mapa.

Como vedes é unha app sinxela, que nos pode resultar de axuda á hora de ver que nos podemos atopar cando nos incorporamos a unha estrada. SocialDrive, podémola atopar na Play Store e descargala de balde.

Sobre o autor

Reply