Dropbox dá por rematada a súa aventura con MailBox e Carousel

A primeiros do vindeiro ano, Dropbox dará por rematada a aventura que comezara aló polo 2013 coa adquisición de MailBox e posteriormente, no 2014 co lanzamento de Carousel. Ámbolos dous servizos van ser pechados entre febreiro e marzo de 2016.

mailbox

Dropbox anunciou que tentará que este peche sexa o menos perxudicial posíbel para as usuarias que apostaron por estes servizos, pero polo de agora non hai información concreta de como se vai producir o peche.

carousel

Malia todo, Dropbox di que algunhas características de Carrousel van seguir abertas desde a aplicación de Dropbox o que seguro van agradecer moitas das usuarias que apostaron polo servizo.

Sobre o autor

Reply