Estamos preto do final de Firefox OS?

Vense de anunciarse no evento para desenvolvedores que se está a celebrar estes días en Orlando, que Mozilla vai deixar de promover Firefox OS en smartphones e en pouco tempo os operadores deixarán de ofrecer este tipo de terminais.

O proxecto era interesante, pero aqueles que tivemos a oportunidade de fedellar cun móbil con este OS, viamos que non era un producto para todos, e ademais a competencia estaba moito máis avanzada. En base a isto, pensamos que Mozilla decidiu “matar” o proxecto para centrarse noutro tipo de dispositivos ainda baseados en Firefox OS, que tamén se poden conectar á Internet. Si, estamos a falar do “internet das cousas”, un camiño no que aínda queda moito por facer.

Non temos claro se estes novos proxectos que queren desenvolver darán o resultado agardado ou se pola contra, e medio ou longo prazo Firefox OS acabe desaparecendo. O tempo nolo dirá.

Sobre o autor

Reply