Vodafone súmase ás rebaixas de Nadal

Vodafone vén de sumarse ás habituais rebaixas durante esta época do ano. No seu caso, e diferenciándose da competencia, non regalará servizos extra senón que nos dará unha cantidade económica durante a compra dun novo terminal.

A compañía co seu programa “Reestrena”, vai valorar o terminal antigo que entregues, e ese valor vai ser restado do prezo do novo terminal que queiras levar. Ademais, agora, segundo o smartphone no que teñas interese poderás ter un desconto extra que vai dos 20 aos 90 euros, como vemos nas seguintes táboas:

promo nadal 2015 vodafone

Alén de todo isto, para darnos máis facilidades poderemos entregar até 2 terminais usados e así conseguir unha rebaixa maior no terminal novo. O que tedes que ter en conta é que esta promoción só está dispoñíbel en tendas físicas, tanto para contrato como prepago.

Se tedes necesidade ou estades pensando en mudar de móbil e sodes clientas de Vodafone, podedes psarvos por unha tenda ou, polo menos, preguntar, xa que sempre poderemos aforrar uns euros.

Deixa un Comentario