Pocket faise máis social na súa última actualización

Que facemos cando estomos navegando pola web e queremos gardar unha páxina para ver máis tarde, amosar á nosa parella cando cheguemos á casa,…? Pois moitas de nós, gardamos en Pocket. A versatilidade desta ferramenta permítenos tela tanto coma extensión no navegador coma unha app máis no noso terminal Android polo que o seu uso fáisenos case imprescindíbel.

pocket 03

Pois ben, dende agora Pocket é moito máis social e se lle permitimos buscar na axenda, Twitter ou Facebook poderemos atopar e seguir ás nosas amizades que usan Pocket e ver os artigos que eles recomendan.

pocket 02

Malia esta nova funcionalidade, estade traquilas. Todo o que sigamos gardando na ferramenta serguirá sendo privado e só no caso de “recomendar” un artigo, este farase público para as nosas seguidoras.

Deixa un Comentario