Vodafone ten a mellor rede da voz e datos do Estado

Un estudo conxunto de P3 Communications, empresa líder mundial en redes móbiles, e a revista Connect realizado durante os meses de outubro e novembro vén de concluír que Vodafone conta coa mellor rede de voz e datos do Estado español, logo de comparala coas das outras  3 operadoras (Orange, Yoigo e Movistar).

En canto a tráfico de voz, segundo este estudo, tanto nas cidades (grandes e pequenas) como nas estradas que as unen, Vodafone ten os tempos de establecemento de chamada máis curtos, así como a mellor calidade de voz.

No caso do tráfico de datos, tanto en grandes cidades (nas que se inclúe A Coruña) como en vilas grandeciñas (tipo Betanzos, tamén incluída no estudo), Vodafone ten un liderado claro, sendo o máis rápido tanto en acceso a webs, en descarga de arquivos e no consumo de vídeo en HD. Así mesmo, ao cargar arquivos de gran tamaño Vodafone conseguiu un éxito do 97,7%, por riba do 94 ou 95% dos competidores máis próximos.

Deixa un Comentario