Mininovas Android: a malla da semana

Twitter Moments chega a Europa

Twitter-Moments

Moments é unha nova funcionalidade da rede social pola que as usuarias poden saber as novas máis importantes que acontecen no mundo sen precisar seguir persoas ou listaxes. Pois ben, como adoita ser habitual esta nova opción saiu primeiro nos EUA (e xa está dispoñíbel desde fai un mes no Brasil) acaba de aterrar no mercado Europeo, concretamente no Reino Unido.

Agardamos que axiña se extenda polo continente, e que todas teñamos aberta esta funcionalidade tan interseante, tanto na app móbil coma se entramos a Twitter polo navegador.

Android Pay comeza a aparecer dentro das aplicacións

android pay - 1

Google vén de habilitar o pagamento desde moitas apps presentes no mercado americamo. Desde xa mesmo nas apps que teñan integrada a función, podemos premer no botón de Android Pay e listo, xa temos o pago feito.

Sen dúbida é o empurrón que precisan os desenvolvedores para integrar a función nas súas apps e así xeneralizar o uso deste tipo de pagamento. Coma (case) sempre, nós teremos que agardar aínda un pouco, pois até o vindeiro ano, non chegará ao noso país.

Google Play Books engade o modo luz de noite na última actualización

Nunha recente actualización a app de Google para desfrutar dos nosos libros, vén de actualizarse cunha importante novidade. Desde xa mesmo, temos entre as opción o modo luz de noite polo que a cor e luz da pantalla adaptarase ás condicións de luz da entorna, para non dañar os nosos ollos. A medida que hai menos luz, a pantalla irá collendo un ton entre amarelo e laranxa, o que nos axudará a ler dun xeito máis cómodo.

play books modo noche

Sen dúbida, unha boa función que nos axuda a protexer os nosos ollos.

Telegram o gran beneficiado do peche de Whatsapp no Brasil

Esta semana comentamos a nova do peche de Whatsapp no Brasil durante 48 hora por orde xudicial. Pois ben, esta situación tivo un claro beneficiado: Telegram. Desde que se soubo a nova e nas 24 horas seguintes, Telegram recibiu un millón e medio de novas usuarias.

Por mor desta petición masiva, Telegram tivo até problemas para validar as novas contas:

telegram brasil saturado

O que toca ver agora, é se estes clientes están de paso ou pola contra van quedar a longo prazo con Telegram.

Sobre o autor

Reply