Analizamos o Dell XPS 13 (9350)

Estes días tivemos a oportunidade de probar unha equipa que non entra dentro das nosas análises habituais, máis pensamos que é un PC que pode ser do voso interese. Esta equipa é o DELL XPS 13.

20151204_123232

O XPS 13 entra no grupo de ordenadores persoais denominados ultrabooks debido ás súas reducidas dimensións, grazas á reducción ao máximo os marcos da pantalla (arredor de 5 mm) e escaso peso, algo que debemos ao aluminio e á fibra de carbono empregados na súa construcción. Cando temos este PC na man, realmente pensamos que estamos díante dunha equipa cunha pantalla máis pequena. En canto á cámara, colocada na parte inferior da pantalla polos reducidos marcos, ten unha boa calidade pero amosa unha imaxe de abaixo arriba que fai un efecto un tanto raro.

Este PC mide 304 mm de ancho, 235 mm de profundidade e entre os 9 e 15 mm de grosor. O seu peso queda reducido a 1,20 kg para as versións sen funcionalidade táctil e vaise até os 1,29 kg para as equipos que si incorperen unha pantalla táctil. Con este deseño tan contido é unha ferramenta a ter moi enconta para todos aqueles que precisen ordenador lixeiro para poder transportalo a cotío.

20151119_163246-1

Ben seguro que vos estades preguntando o seguinte: só porque sexa unha equipa lixeira xa vale? Pois non, isto só é unha parte importante pero ademáis atopámonos cun pc de rendemento sobresaínte. Da nosa unidade de probas, destacamos as seguintes características:

  • Procesdor Intel de 6ª xeneración: i7-6500U de dous núcleos até 3,1 GHz e 4 MB de caché.
  • Pantalla táctil QHD+ (3200 x 1800) InfinityEdge de 13,3”.
  • Memoria integrada LPDDR3 de 8 GB a 1866 MHz.
  • Unidade de estado sólido PCIe de 256 GB.
  • Tarxeta gráfica Intel® HD.
  • Wifi DW1820A 802.11ac (2 x 2) de 2,4/5 GHz y Bluetooth 4.1.
  • 2 USB 3.0, un deles con PowerShare.
  • Lector de tarxetas SD.
  • 1 toma para auriculares.
  • 1 conector Thunderbolt.
  • Teclado retroiluminado.

A combinación deste hardware con Windows 10, fan do XPS 13 unha ferramenta a ter moi en conta tanto para crear coma para consumir contido. No apartado de consumo multimedia destaca especialmente a pantalla QHD+ e o sistema de altofalantes cos que obtemos unha experiencia totalmente satisfactoria.

20151119_163210-1

Ademáis a pantalla táctil resultounos do máis cómoda, e iso que partiamos con certos reparos sobre a utilidade deste tipo de pantallas en PC “tradicionais”. Dun xeito totalmente natural, interactuamos coa man tanto no navegador coma na procura de aplicacións ou opcións de configuración no menú de Windows. Sen dúbida isto é grazas a gran sensibilidade da pantalla.

Conclusións

Coa batería de 56 W/h e xogando co brillo conseguimos unha autonomía de aproximadamente 6h de uso normal para nós: escribir artigos, navegación de xeito intensivo, emails, visionado de vídeos, apps de mensaxería… e se estamos co brillo en níveis sempre altos, a autonomía verase reducida até as 4 horas e media, aproximadamente. Sabemos que son datos algo inferiores ca competencia, pero tamén temos unha das mellores pantallas incorporadas neste segmento de ordenadores.

Un punto que nos gustou moito foi que malia ser unha equipa potente, os sistema de refrixeración funciona moi ben e en ningún caso notamos que o pc se quentase de xeito notábel e isto é grazas ás ranuras na parte inferior e na zona da bisagra da pantalla, que se aproveita para colocar unhas ranuras que non se ven pero fan moi ben o seu traballo de refrixeración. Só nunha situación notamos que se quentaba axiña e foi cando o probamos xogando ao Asphalt 8. Pero pensamos que esta equipa está pensada para outro tipo de usos.

Na nosa opinión o XPS 13 de última xeneración, é un pc a ter en conta pola calidade da construcción, lixeireza e grande rendemento grazas á incorporación dos últimos procesadores de Intel. Iso sí, o prezo pode resultar algo elevado pois a unidade que probamos custa 1599€. Agora ben, se estamos dispostos a renunciar á funcionalidade táctil e temos suficiente cunha pantalla Full HD (1080p), atopamos a configuración máis básica desde 1179€.

Deixa un Comentario