Comproba se che tocou algo na lotaría de Nadal

Hoxe é o sorteo da lotaría de Nadal, que todas sabemos que non toca. Con todo, e como a alguén tenlle que tocar, non é difícil vérmonos con algún que outro décimo ou participación do bar onde paramos tomar as cañas, da equipa de fútbol da nosa sobriña ou do clube de dominó do noso avó.

Para todas aquelas que aborrezan ás nenas e nenos de San Ildefonso e non queiran perder a mañá diante da televisión, deixásvos unha aplicación coa que podedes comprobar se os números que xogades teñen algún premio.

Loteria Nadal

O funcionamento de comprobación é moi sinxelo: non hai máis ca meter o número en xogo e a cantidade xogada para que nos saia automaticamente se temos algo que rascar ou, pola contra, debemos celebrar ter saúde. A maiores, ten unha opción que permite gardar números para non ter que andar introducíndoos de cada vez, algo bastante útil se andamos ansiosas por comprobar os premios durante todo o sorteo, sen agardar a que remate todo.

Podedes descargar a aplicación gratuitamente desde esta ligazón á Play Store. Que haxa sorte!

Sobre o autor

Reply