HTC anuncia o HTC One X9

HTC celebra o Nadal co lanzamento dun novo terminal, o HTC One X9, un trebello de gama media e acabados premium que vén de ser anunciado na China, aínda que case con toda seguridade nas próximas semanas cehgará tamén aos mercados occidentais.

htc one x9 - 2

O One X9 incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD. No seu interior integra un procesador fabricado por Mediatek, o Helio X10 (octa-core a 2,2 GHz), que está acompañado de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 2 TB.

htc one x9 - 3

Pasando a falar do apartado fotográfico, a cámara principal ten un sensor de 13 megapíxeles, con apertura f/2.0 e gravación 4K. No caso do sensor frontal, a escolla é de novo pola tecnoloxía ultrapíxel, coa que parece que no fabricante taiwanés están bastante contentos.

htc one x9 - 4

En canto a software, vén con Android 6.0 (Marshmallow e a capa HTC Sense UI. Dispón de altofalantes Dual BoomSound con Dolby Audio, dual nanoSIM con conectividade 4G e batería de 3000 mAh.

O seu prezo situarase, ao cambio por riba dos 500 euros, unha cifra que se nos antolla bastante elevada para un dispositivo que non é buque insignia.

Sobre o autor

Reply