Yutopia, un gama alta indio a prezo de gama media

Poucas veces falamos de terminais fabricados na India, pois malia que en ocasións atopámonos modelos que ben poderían competir cos terminais chineses que tanto dan que falar, é raro que se comercialicen fóra das fronteiras do país, polo que perden parte do interese que poderíamos ter as usuarias galegas.

Con todo, hoxe queremos falarvos de Yutopia, un trebello que destaca polas súas prestacións de gama alta malia ter un prezo de gama media e que vén con Cyanogen OS 12.1, baseado en Android 5.1.1 Lollipop.

yutopia

Entre as súas prestacións, destaca a presenza dunha pantalla IPS LCD de 5,2 polgadas con resolución QHD (2650 x 1440 píxeles), e no seu interior alberga un procesador octacore Qualcomm Snapdragon 810, 4 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico, a cámara principal é un sensor Sony Exmor RS IMX230 de 21 megapíxeles, con estabilizador óptico e flash LED dual, mentres que a frontal ten 8 megapíxeles. Dispón tamén de lector de pegadas dixitais, batería de 3000 mAh con sistema de carga rápida e conectividade 4G.

En canto a prezo, está dispoñíbel por uns 350 euros ao cambio, unha cantidade impensábel en moitas marcas para un dispositivo destas especificacións. Que vos parece a vós?

Sobre o autor

Reply