Vodafone repite promoción durante fin de ano: chamadas de balde para todas

Durante o Noiteboa, as clientas de Vodafone puideron facer chamadas nacionais ilimitadas e de balde; pois ben, acaba da facerse público que durante a noite de fin de ano, repetirán promoción.

Deste modo, as clientas de Vodafone e Ono van poder facer chamadas ilimitadas nacionais a fixo ou móbiles sen ningún custo e sen discriminar clientas de prepago, contrato ou calquera modalidade de empresa. Só hai que ter en conta que as chamadas de tarifas especiais como poden ser o 900 ou chamadas premium non van entrar na promoción.

Nesta ligazón, tedes as condicións da promoción máis polo miúdo.

Deixa un Comentario