Fibwi, novo OMV que poderemos contratar este 2016

Arrancamos un 2016 que virá cheo de novidades no ámbito tecnolóxico, algunhas das cales – e indo máis aló da telefonía móbil en xeral e Android en particular – verémolas no CES 2016 que comeza nuns días.

Pero antes diso temos que falar de Fibwi, unha OMV que poderemos contratar ao longo deste 2016. Mais Fibwi non é unha empresa nova, xa que leva desde o 2003 dando servizos de telecomunicacións en Mallorca (telefonía fixa, Internet, TV e móbil). A novidade está en que este ano permitirá contratar os servizos de móbil a persoas de todo o Estado español.

Fibwi funciona coa rede de Orange, e ten actualmente unhas tarifas bastante atractivas, entre as que destacamos as seguintes.

  • Cero Patatero: 1 GB + chamadas a 0 cént/min (18 cént establecemento) por 4,90 €/mes.
  • Tarifa +2: 2 GB + chamadas ilimitadas por 19,90 €/mes.
  • Tarifa +8: 8 GB + chamadas ilimitadas por 27,90 €/mes

Proximamente saberemos se a compañía ten pensado facer algunha oferta de captación nova para tratar de chegar mellor ao novo público que pretende conquistar. Que vos parece a oferta a priori?

Sobre o autor

Reply