HTC avanza na realidade virtual coas Vive Pre

Logo de que no MWC do ano pasado a taiwanesa HTC amosara as HTC  Re Vive, no marco do CES de Las Vegas veñen de anunciar as os HTC Vive Pre, a segunda xeración destes espectaculares lentes que aspiran a mudar o xeito de concebir a realidade virtual, con moitas utilidades prácticas, tanto de comunicación, como de entretemento e aprendizaxe.

HTC Vive Controller

O novo modelo, orientado a desenvolvedores de aplicacións e xogos, incorpora improtantes melloras, tanto de deseño como de tecnoloxía, co obxectivo de afondar nesa experiencia inmersiva, agora máis real. Para ilo incorpora unha nova cámara frontal que permite mixturar ambos mundos, reais e virtual, e tecnoloxía de posicionamento romm-scale, ademais dunha pantalla máis brillante e unha óptica perfeccionada.

HTC Vive Headset

No que tena a ver co deseño, incluíronse novas inserccións de escuma intercambiábeis, ademais de xuntas para os fuciños, de maneira que se poidan adaptar moito mellor a cada usuario, sendo compatíbeis ademais con diferentes modelos de lentes de ver.

Tamén mudan os mandos, con bordes máis suaves e novas texturas dos botóns, mellorando o agarre coas mans. Ademais, o novo gatillo de dúas fases fai que a interacción cos obxectos sexa moito máis fluída, e as baterías recargábeis de polímero de litio con carga microUSB ofrecen até 4 horas de funcionamento cunha soa carga.

O HTC Vive será o primeiro dispositivo de realidade virtual en ser compatíbel con SteamVR, desenvolto por Valve Steam VR tracking e o sistema Chaperone, optimizados para o uso de Steam, unha das plataformas online máis grandes de xogos e software, tanto para PC, como para Linux e Mac.

Sobre o autor

Reply