Chega o Motorola X Force, un dos teléfonos máis resistentes do mercado

Seguro que moitas tedes a pantalla do móbil escachada ou coñecedes a alguén que a teña. É normal. Segundo algúns estudos o 25% das usuarias andan coa pantalla do móbil rota, unha cifra que non sorprende tanto ao coñecer que cada 2 segundos rompe unha. Ouch!

É por iso que os fabricantes tentan que as pantallas sexan cada vez máis resistentes e durareiras. Entre eles, Motorola, que vén de pór á venda no noso país o Moto X Force, o primeiro smartphone da compañía que integra ShatterShieldTM, unha tecnoloxía que, segundo din, fai que a pantalla sexa practicamente irrompíbel.

moto x force - 1Para conseguilo, a pantalla do Moto X Force está composta por un sistema de 5 capas integradas, capaces de absorver os croques e garantir que non se rompe. Ten 5,4 polgadas e resolución QHD, o que permite ver con total nitidez vídeos de 4K.

moto x force - 3

No seu interior ten un procesador Qualcomm Snapdragon 810, de oito núcleos a 2 GHz, e 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 2 TB. A cámara principal é de 21 megapíxeles e a frontal de 5. Por outra banda, a batería é de 3760 mAh con sistema de carga rápida, que achega 8 horas extra con 30 minutos de carga.

Este novo trebello de Motorola está xa á venda por 699 € a través das principais cadeas de venda de produtos de telefonía.

Deixa un Comentario