LG marca distancia da competencia anunciando o seu televisor 8K Super UHD

LG anuncou onte no CES de Las Vegas a súa nova gama e televisores LED IPS, nos que se inclúen os modelos UH9500 de 65 polgadas, o UH9550 de 86 polgadas e os modelos con resolución SUPER UHD UH8500 e UH8550, de 65 e 75 polgadas respectivamente.

Estes modelos SUPER UHD ofrecen un maior ratio de reprodución de cores e funcionalidades para mellorara a reprodución de imaxes e son, como HDR. Ademais, contan con deseño ULTRA Slim, tendo menos de 3 mm de grosor.

Porén, a maior novidade de LG nesta feira é o seu primeiro televisor SUPER UHD con resolución 8K e 98 polgadas, cuxa distribución comercial arrancará na segunda metade de 2016. Os modelos UH9500 e UH9550 contan con paneis LED IPS coas tecnoloxías de iamxe máis avanzadas, como True Black Panel, exclusiva de LG e que reduce os reflexos e mellora o ratio de contraste, e Contrast Maximizer, que permite reproducir imaxes con máis contraste profundidade ao separar os obxectos do seu fondo.

Así mesmo, os UH9500 e UH9550 contan con HDR Plus para reproducir contidos 4K HDR de maneira optima. A maiores, a tecnoloxía Ultra Luminance aumenta o contraste entre as zonas escuras e clares, elevando o HDR a un nivel superior. Contan con portos HDMI compatíbeis con HDR e conversores de SDR a HDR, de tal xeito que as usuarias poden disfrutar de contido semellante ao HDR desde calquera estándar.

Finalmente, en canto ao son, engaden un sistema de altofalantes deseñado en colaboración con Harman / Kardon, que achegan unha ampla gama de matices. Tamén resulta relevante a nova funcionalidade Magic Sound Tuning, que mide e analiza o ambiente onde están as usuarias para axustar o son.

No Responses

Deixa un Comentario