Samsung presenta a Galaxy Tab Pro S, con Windows 10

Até o de agora falar da liña Galaxy de Samsung era falar de Android. E dicirmos até o de agora, pois a compañía surcoreana vén de anunciar desde no CES a Samsung Galaxy Tab Pro S, un 2 en 1 que conta con Windows 10 como sistema operativo, nun acordo con Microsoft que tamén afecta ás aplicacións.

Cun grosor de 6,3 mm e un peso de 693 gramos, a Galaxy Tab Pro S estará dispoñíbel tanto como Windows 10 Home como con Windows 10 Pro, pensando tanto nos clientes particulares como nas usuarias de produtos profesionais en empresa.

Galaxy TabPro S_006_Perspective_White

Incorpora unha pantalla Super AMOLED de 12 polgadas con resolución 2160 x 1440, procesador Intel Core M de dobre núcleo a 2,2 GHz, 4 GB de RAM e 128 GB de memoria interna, dobre cámara de 5 megapíxeles,  conectividade LTE Cat 6 e batería de 5200 mAh.

O trebello compleméntase cunha funda – teclado (que xa se incluirá de serie na caixa), un accesorio básico para sacarlle todo o partido a un dispositivo destas caracteríticas que conta cun touchpad semellante ao dos PCs, que axuda a ter un control máis sinxelo, mesmo cando se usa en stand mode. Por outra bande, e vendido por separado, tamén se pode adquirir un adaptador multi-porto (HDMI, USB tipo A e tipo C) e o lápis Bluetooth.

Estará dispoñíbel a nível global a partir de febreiro, aínda que polo de agora non trascendeu o seu prezo.

Deixa un Comentario