Acer lanza o primeiro Chromebase con procesador Intel Core

Acer é un dos fabricantes que máis está apostando por ChromeOS, o sistema operativo na nube impulsado por Google. Boa mostra diso é que no CES vén de anunciar un novo dispositivo, o Acer Chromebase 24, que se convirte no primeiro trebello all-in-one con ChromeOS en integrar un procesador Intel Core e no de maior pantalla presentado até o de agora, coas súas 23,8 polgadas FullHD (1920 x 1080 píxeles).

En efecto, a pantalla é un dos seus puntos fortes: pódese regular a varias alturas e ángulos (desde os -5 até os 30 graos) e ofrece un ángulo de visión de 178º. Ademáis é táctil, admitindo até 10 puntos de presión simultáneos, o que axuda a que poidamos levar a cabo diferentes operacións dun xeito moito máis intuitivo.

acer chromebase 24 - 1

No interior, vén equipado cun procesador Intel Core de última xeración acompañado de 8 GB de memoria RAM. Non se concreta a memoria interna do mesmo (supomos que haberá diversas opcións) nin se detalla moito o resto do hardware, máis aló de amosar que integra portos USB 2.0 e 3.0, porto HDMI, espazo para tarxetas microSD e conexión Ethernet, ademais de WiFi.

O fabricante fai mención especial na experiencia de videoconferencia, para o que conta cunha webcam HD axustábel e catro micrófonos para captar mellor o son.

acer chromebase 24 - 3

Polo de agora non se sabe nada do seu prezo e dispoñibilidade. Tomando como referencia o modelo do ano pasado podemos dicir que chegará sobre os 400 euros a mediados de ano.

Sobre o autor

Reply