Lenovo enterra a marca Motorola, transformándoa en “Moto by Lenovo”

Pasaron dous anos desde que Lenovo mercou a Google a mítica marca Motorola, unha das compañías pioneiras na telefonía móbil, e responsábel de trebellos como o DynaTac. Anteriormente fora Google quen tomara os mandos da marca impoñéndolle o apelido “a Google company”, un breve amorío do que naceu o exitoso Moto G, o primeiro “Nexus” económico.

Lenovo conservou durante este tempo a marca Motorola, pero hoxe o seu CEO, Rick Osterloh, confirmou hoxe no CES que a eliminación da marca é un feito, e que progresivamente irán borrando o nome de todos os produtos, para quedarse unicamente co diminutivo “Moto”, concretamente “Moto by Lenovo”.

A xustificación para este cambio vén producido polo nome dos propios produtos da compañía (pensemos no Moto G ou Moto 360, por exemplo), que fai que, cunha importante estratexia e márketing detrás, todas vaiamos borrando a marca da nosa cabeza.

Ponse así fin a unha das marcas máis icónicas da historia da telefonía móbil. Os intereses económicos, unha vez máis, acaban con calquera valor sentimental que poidamos ter para un nome. Triste, ou?

Deixa un Comentario