Nova tablet de Huawei: MediaPad 10 M2

Huawei ten novo trebello, unha tablet que vén de ser presentada en Las Vegas e que lembra bastante a liña que está a seguir Samsung nas súas, sobre todo pola presenza do botón central de inicio na parte dianteira do dispositivo. Falamos da Huawei MediaPad 10 M2.

huawei mediapad 10 m2 - 1

Trátase dunha tablet con pantalla IPS de 10 polgadas e resolución FullHD, que vén equipada cun dos procesadores da compañía, eliminando así a depedencia de terceiros, concretametne o Kirin HiSilicon 930, a 2 GHz. Ten 2 ou 3 GB de memoria RAM e 16 ou 64 GB de memoria interna, dependendo das versións. En calquera caso, admite tarxetas microSD para aumentar esta capacidade.

A batería é de 6600 mAh e as cámaras de 13 e 5 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente. Seguindo coa parte multimedia, integra uns altofalantes Harman Kardon que prometen boa calidade de son. En canto a sofware, sairá á venda con Android 5.1 (Lollipop) e a capa de personalización EMUI 3.1.

huawei mediapad 10 m2 - 2

A MediaPad 10 M2 estará dispoñíbel a partir do 17 de xaneiro por uns 350 euros na versión de 2-16 GB e sobre 450 € a de 3-64 GB. Ademais, esta última virá cun stylus para sacarlle máis partido ao dispositivo.

Sobre o autor

Reply