Novos Alcatel OneTouch Pixi 4, en 3,5 e 4 polgadas

Malia que as últimas tendencias lévannos cara terminais cada vez coa pantalla máis grande, Alcatel vén de amosar no CES de Las vegas novos dispositivos pequenos e de gama entrada, os Alcatel OneTouch Pixi 4, dispoñíbeis en 3,5 e 4 polgadas.

O máis pequeno dos dous incorpora unha pantalla TFT de 3,5 polgadas (resolución 320 x 480 píxeles) e leva no seu interior un procesador MediaTek de 2 núcleos a 1 GHz, acompañado de 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna. Simples son tamén as súas cámaras, sendo a principal de 2 megapíxeles e a frontal unha VGA. A batería fica nos 1300 mAh.

alcatel pixi 4 - 2

Pola súa banda, o dispositivo de maior tamaño quédase nas 4 polgadas (480 x 800 píxeles). Móveo un procesador, tamén MediaTek, de catro núcleos a 1,3 GHz, 512 MB de memoria RAM e, novamente 4 GB de memoria interna. As cámaras son de 5 2 megapíxeles e a batería de 1500 mAh.

Como podedes ver, trátase de terminais extremadamente básicos, cun hardware moi limitado que permitirá chamar, madar mesaxes, WhatsApps e pouco máis. O mellor de todo é que empregan Android 6.0 Marshmallow.

Polo de agora non foi revelado o seu prezo, pero con estas características deberían rondar os 60 euros.

Sobre o autor

Reply