Todos os coches Ford serán compatíbeis con Android Auto e Apple CarPlay

Moitos son os indicios que nos levan a pensar que o 2016 será un ano moi interesante no que ten a ver cos coches conectados. Se todo vai segundo o previsto, plataformas como Android Auto ou Apple CarPlay comezarán a popularizarse nos coches novos de moitas marcas e, o mellor, de todas as gamas.

Un dos fabricantes moi implicados neste tema é Ford, un fabricante habitual nas feiras tecnolóxicas, que non quixo perder a ocasión de anunciar no CES que todos os seus vehículos con sistema SYNC 3 serán compatíbeis con Android Auto e Carplay, as tecnoloxías para automóbiles de Google e Apple, respectivamente.

Desta forma, multiplícanse as opcións para as usuarias, xa non só por poder elixir cal dos dous sistemas empregar, senón porque ademais  engádense novas funcionalidades, como o soporte para redes 4G, e aplicacións, como Google Maps, Music ou Google Now.

No seguinte vídeo podedes ver unha demo realizada estes días na feira que serve como achegamento para ver que posibilidades ofrece isto

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply