TP-LINK anuncia Neffos, a súa primeira liña de smartphones

TP-LINK é unha empresa que moitas de nós coñecemos polos seus produtos de acceso a rede local. Agora, a compañía con sede na China vén de anunciar no CES de Las Vegas o lanzamento da súa primeira liña de smartphones, a serie TP-LINK Neffos, tres termianis provistos de Android.

Neffos C5, a pioneering smartphone developed by TP-LINK, makes its debut on www.neffos.com (PRNewsFoto/TP LINK)

Son un total de tres terminais de diferentes prestacións, adaptándose a diferentes necesidades das consumidoras, comezando por un modelo moi sinxelo de 4,5 polgadas até o máis avanzado, con 5,5 cunha resolución moito maior. No seguinte cadro pódense comparar as características de todos eles:

Neffos C5L Neffos C5Neffos C5Max
Pantalla / ppp4,5 / 217,7 5 / 293,75,5 / 403,4
ProcesadorQualcomm Cortex A7 a 1,1 GHzMediaTek MT6735 4x Cortex-A53 1.3GHzMediaTek MT6753 8x Cortex-A53 1.3 GHz
RAM1 GB2 GB2 GB
Memoria8 GB + microSD 32 GB16 GB + microSD 32 GB16 GB + microSD 32 GB
Cámaras2 Mpx / 5 Mpx5 Mpx / 8 Mpx5 Mpx / 13 Mpx
Batería2000 mAh2200 mAh3045 mAh

Comparten un deseño semellante e veñen equipados con dobre slot para tarxetas SIM, co que poderemos empregar dúas liñas a un tempo, admitindo ambas conexións até 4G LTE Cat4 (até 150 Mbps). Así mesmo, empregan Android 5.1 – Lollipop, sen indicar se serán actualizados a próximas versións, como a 6.0 Marshmallow.

No caso do C5Max o fabricante destaca as capacidades da súa cámara, que integra 30 filtos artísticos cos que se poderán sacar fotos máis creativas.

Agora quédanos agardar para saber o prezo ao que se porán á venda e a súa dispoñibilidade, aínda que imaxinamos que desde aquí só os poderemos mercar por Internet. Que vos parecen?

Deixa un Comentario