Mininovas Android: a malla da semana

Nokia xa ten o control de Alcatel-Lucent

Nokia Alcatel-Lucent

Desde esta semana, Nokia toma o control da empresa francesa logo mercar un paquete de accións por valor de 15600 millóns de euros que se corresponde co 79% da compañía. Ademáis o proceso pretende ser rápido e segundo anuncia Reuters, o 14 de xaneiro xa atoparemos unha oferta combinada de equipos de rede para competir con Ericcson e Huawei.

Non hai que esquecer que neste tipo de adquisicións tamén son importantes as patentes, e desta volta, Nokia pasa a posuir 33000 patentes máis que até o de agora eran propiedade de Alcatel.

Aposta Dropbox polo P2P para compartir arquivos?

Dropbox

Dropbox, o popular servizo de almacenamento na nube conta cunha patante na que se fai referencia á posibilidade de empregar o sistema P2P para sincronizar arquivos. Deste xeito, poderíamos ter o mesmo contido en dous máis dispositivos sen que a información pase polos servidores centrais da compañía.

Polo de agora só é unha patente, pero podería significar que Dropbox está interesado e lanzar un novo producto ou darlle un xiro radical ao que coñecemos todos.

Twitter eliminará o límite dos 140 caracteres?

twitter-logo

Todo apunta que Twitter vai aumentar o límite de caracteres por tweet até unha cifra que podería chegar aos 10.000. Non está confirmada e até o anuncio oficial podería variar. O que parece certo é que esta se dando outro paso máis para facebookear a Twitter que acadou o seu éxito pola inmediatez e a concreción das mensaxes. Veremos que pasa nos vindeiros meses, pois ademáis o número de novas usuarias semella estancado e desde o punto de vista económico, a directiva non parece quen de acadar o crecemento desexado.

O Samsung Gear 2 será compatíbel cos terminais de Apple

samsung gear s2 presentacion - 3

No marco do CES que se ven celebrando nas Vegas durante esta semana, Samsung presentou a súa liña Gear 2 Clasicc e aproveitou o evento para anunciar que a compatibilidade entre os seus reloxos intelixente e os iPhone chegará axiña, aínda que non precisaron cando. Tampouco temos claro como van conectar estes dous dispositivos, xa que pode ser vía Bluetooth ou poderían estar relacionados a través dunha aplicación.

Lembremos que o Gear 2 non apostou por Android Wear se non que no seu interior leva Tizen, que agora abren un novo camiño da man de Apple: como lle sentará a Google que Samsung os esteña deixando un pouco de lado?

A BlackBerry Priv xa aterrou no noso país

bb priv web

Esta semana coñecimos de xeito oficial o prezo a BB Priv, un terminal co que BlackBerry desexa voltar pola porta grande. Pois, a empresa pensou un prezo de 779€ é o axeitado para sair ao mercado no noso país, o mesmo prezo ao que o podemos atopar noutros países europeos. Sen dúbida un prezo no que a competencia é dura. Veremos se ten boa acollida polas usuarias.

Fusión a lo Yoigo, remata o 31 de xaneiro

yoigo 300 mbps

Esta tarifa convexente naceu a mediados do 2013 e as usuarias que a contrataban desfrutaban de velocidade 4G nos seus terminais e ADSL ou fibra nos seus fogares, grazas ao acordo de colaboración entre Yoigo e Movistar.

Pois ben, agora anuncian que van deixar de ofertar esta tarifa para adicarse en exclusiva á telefonía móbil. Malia esta nova, as actuais usuarias da tarifa converxente poderá seguir desfrutando dela durante un tempo indefinido.

Deixa un Comentario