Parrot Disco, o novo drone de Parrot

Moito están a dar que falar os drones, tanto aqueles que están en fase de experimentación para un uso profesional (lembremos os drones salvavidas de Vodafone ou os que pretenden levar a nosa compra á casa, por exemplo) como os que serven para xogar. Neste último grupo a compañía Parrot ten moito que dicir, e xa conta cun importante portfolio de modelos pensados para diferentes usos (interior e exterior) e presupostos.

No CES de Las Vegas sorprendeunos con Parrot Disco, un drone atípico, con forma de paxaro e lixeiro (apenas 700 gramos), para permitirlle voar coma se fose un paxaro.

O gadget pode funcionar autonomamente grazas  a todos os sensores que incorpora (acelerómetro, xiroscopio, magnetómetro, barómetro, GPS…), o que lle permite controlar a situación do voo en todo momento. Despega só, gana altura e voa até que lle pidamos que volva.

Pode acadar os 80 km/h e ten unha autonomía de preto de 45 minutos. Dispón dunha cámara frontal para gravar o que contece, sendo compatíbel cos lentes FPV, que achega unha experiencia moito máis viva e realista

Que pinta vos ten?

Sobre o autor

No Responses

Reply